Leite

A Xunta critica que o Goberno Central fai “ouvidos xordos” ás propostas de Galicia para subir o prezo do leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/02/2022 6:13 p.m.

A Consellería do Medio Rural critica a negativa do Ministerio de Agricultura a implantar unha prima excepcional de 4 céntimos por litro de leite para compensar ás ganaderías de vacún durante este 2022 pola suba dos custos de produción.

En concreto, o departamento que dirixe José González reclama que “se o Ministerio ten constatado con informes que a proposta de Galicia sobre esta prima de emerxencia para o lácteo é ilegal, que os aporte”. “Consideramos que o Goberno central ten que argumentar, con fundamento, esta negativa a contemplala, sobre todo cando outros países –caso de Italia- están impulsando medidas semellantes”, engaden.

“O Ministerio fai ouvidos xordos ás propostas de Galicia e non traslada nada útil“

O desencontro entre a Xunta e o Goberno Central na crise de prezos que padecen os produtores de leite é evidente. “Lamentamos que unha vez máis o Ministerio de Agricultura faga ouvidos xordos ás propostas de Galicia nesta materia”, critican dende a Consellería de Medio Rural.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Cando menos, que o Ministerio formule algunha idea construtiva ao respecto, porque semella que non fai máis que tratar de desmontar as iniciativas galegas, sen trasladar nada útil”, advirten.

Así, lembran que “por parte da Xunta se trasladaron diferentes medidas para reactivar este sector, pero o Ministerio non contestou ningunha”. Concretamente refírense á proposta de Galicia para recoñecer na normativa estatal plataformas informáticas de organismos públicos como medio de proba do custo efectivo de produción, caso da galega Conta Láctea. “A implantación desta ferramenta reforzaría a posición negociadora dos gandeiros, pero o Ministerio desprezouna”, denuncian dende a Xunta.

A outra reclamación do goberno galego é que a devandita prima de emerxencia para reducir as perdas das ganderías de vacún de leite, unha media que o Ministerio desbota por considerala ilegal.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A este respecto, a Xunta denuncia que o Ministerio incumpre as súas propias leis, en concreto a Lei da Cadea Alimentaria. “En Galicia estamos nunha situación de venda a perdas xeneralizada, como se pode discutir a aplicación da Lei da Cadea Alimentaria (...) e se os custos de produción son de 40 céntimos por litro, todos os contratos que estean por baixo dese prezo serían ilegais”, conclúen.

“Lamentamos que o Ministerio defina como “ilegal” a prima de 4 céntimos por litro, cando está pendente de arranxar algo que non é legal -os contratos con prezos por debaixo dos 40 céntimos- de acordo cunha norma -a Lei de Cadea Alimentaria- que eles mesmos aprobaron no Parlamento nacional e que nós xa advertimos que ía quedar en papel mollado”, critican dende a Consellería de Medio Rural.

Outras propostas que se trasladaron ao Ministerio por parte da Xunta son a creación da Axencia de Información e Control Alimentario de Galicia, un organismo de control do cumprimento das obrigas derivadas da Lei da Cadea Alimentaria na Comunidade Autónoma Galega; e a creación do Observatorio do Sector Lácteo, un organismo no que se formalizarán as relacións entre os diferentes elos da cadea de valor, “co fin de construír ese valor de xeito equilibrado e transparente”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada