Desenvolvemento rural

A Xunta anuncia que reforzará a súa colaboración cos enxeñeiros agrónomos galegos

20/01/2018 6:30 p.m.

A Xunta anuncia que reforzará a súa colaboración cos enxeñeiros agrónomos galegos a prol do desenvolvemento do rural. Así o acordaron a conselleira Ángeles Vázquez e o decano do colexio oficial que agrupa este colectivo, Pedro Calaza, nunha xuntanza de traballo celebrada en San Caetano á que tamén asistiu o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e a secretaria do colexio, Alejandra Álvarez de Mon.

A titular de Medio Rural "confirmou" nesta reunión a vontade da consellería de participar, como patrón nato, na Fundación Enxeñaría Agronómica para o Desenvolvemento Rural de Galicia que impulsa o colexio. “Deste xeito -sinalan dende a Consellería-, darase unha maior operatividade á cooperación entre Xunta e enxeñeiros en materias como o impulso ás reestruturacións parcelarias, o apoio ás explotacións agrogandeiras ou o desenvolvemento rural, entre outras”.

"Esta fundación facilitará á consellería respaldo técnico no ámbito profesional da enxeñaría agronómica, mediante o traslado de información, a mellora no campo da investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) e en calquera outro no que as competencias dos enxeñeiros sexan de utilidade", aseguran dende Medio Rural.

Ir a la portada