En concreto, na UE os prezos da manteiga subiron na segunda semana de xuño un 2,9%, respecto á media das catro semanas anteriores, ata os 7,22 euros o kilo; o leite en po desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén subiu lixeiramente, un 0,3 % ata os 4,04 euros o kilo. Pola contra, o prezo do leite en po enteiro caeu un 0,3% ata os 5,13 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo cheddar, foi o produto lácteo que máis se revalorizou no mercado na semana de xuño: un 6,8% ata os 4,26 euros o quilo.
En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, tamén recuperan a tendencia positiva, cunha suba xeral dos produtos láctdos do 1,5%. Así, houbo unha suba do 5,6 % nas cotizacións da manteiga e do 3,0 % no leite en po desnatado, mentres que o enteiro baixou un 0,3% e o queixo cheddar tamén se depreciou un 3,6%.