Axenda

Xornadas Técnicas: “Viticultura e Cambio Climático. A pegada de carbono”

11/11/2017 5:03 p.m.

O vindeiro 29 de novembro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as xornadas técnicas ”Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono”. Esta actividade desenvolverase no Parador Nacional de Turismo de Verín en xornada de mañá.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 27 de novembro.

Descarga aquí o programa e a folla de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada