Este ciclo de xornadas comezarán mañá martes, 24 de outubro, no Liceo Arquivo de Betanzos, para continuar en Lugo o día 26, na Praza de Abastos. No mes de novembro, esta iniciativa de promoción trasladarase ata Allariz o día 7, no Salón de Actos do propio Concello, ao recinto feiral de Pontevedra o 13 e rematará no Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela, o día 29.
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria pretende, con esta iniciativa, expoñer os requisitos normativos, os procedementos para rexistros e as vantaxes de pertencer á Artesanía Alimentaria, ademais de presentar outras figuras de calidade diferenciada ou certificacións públicas.
Entre os participantes atópanse empresas artesanais, tendas gourmet e bloggers gastronómicos, que achegarán os seus coñecementos e as súas experiencias na produción e comercialización de produtos alimentarios artesáns aos asistentes a estas xornadas de promoción.
Por último, esta iniciativa pretende converterse nunha xornada para o coñecemento mutuo e o intercambio de ideas e proxectos entre empresas artesanais e tendas gourmet. Por iso, tanto operadores de Artesanía Alimentaria como as tendas poderán participar nun espazo de encontro que se deseñará para tal fin.
Para participar é preciso inscribirse de xeito previo a través deste documento en liña.