Carne

Xornadas técnicas sobre a IXP Vaca e Boi en Ribadeo, Vilalba, Melide e Pontemaceira

O Consello Regulador da nova Indicación Xeográfica inicia unha serie de charlas dirixidas a produtores. A rolda de sesións conta coa colaboración das cooperativas Clun e Almoga

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/09/2017 8:58 a.m.

Tras a primeira xornada técnica da IXP Vaca e Boi de Galicia, realizada a finais de xuño en Lugo, o Consello Regulador da nova IXP inicia unha serie de charlas comarcais para achegarlles ós produtores información práctica sobre normativa, vantaxes, procedemento e características dos animais amparados. Estas sesións, que se inician hoxe en Ribadeo e Melide, terán continuidade nos próximos días en Vilalba e Pontemaceira (Ames).

O director técnico do Consello Regulador, Antonio Xende, e o secretario executivo, José Gómez, serán os encargados de impartir as xornadas técnicas, que se inician en colaboración coas cooperativas Clun (Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco) e Almoga, de Vilalba.

O calendario das sesións é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Ribadeo, mércores 6 de setembro, ás 10.15 horas, no salón de actos da cooperativa Os Irmandiños.

- Melide, mércores 6 de setembro, ás 16.15 horas, no salón de actos da cooperativa Melisanto.

- Pontemaceira (Ames): luns 11 de setembro, 16.15 horas, no salón de actos da cooperativa Feiraco.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Vilalba: xoves 14 de setembro, 10.30 horas, no centro cultural e recreativo de Vilalba.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada