Agricultura

Xornadas técnicas da pataca en Coristanco

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 03/03/2020 9:35 a.m.

O Concello de Coristanco (A Coruña) organiza os días 6 e 7 de marzo unhas Xornadas Técnicas sobre a Pataca. As sesións abordarán temas como os sistemas de plantación ou a experiencia doutras rexións produtoras de pataca.

As xornadas celebraranse no Edificio Municipal de Usos Múltiples de Coristanco aínda que tamén inclúen visitas a plantacións da zona. As persoas interesadas en participar deben inscribirse no correo(arroba)coristanco.gal ou chamando ó 981 733 001.

A iniciativa conta coa colaboración da Consellería de Medio Rural, a IXP Pataca de Galicia, o Centro de Promoción Rural –EFA Fonteboa, a Asociación de Produtores de Pataca de Coristanco (Apropaco) e a Federation Régionale de MFR de Bretagne.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A continuación, detallamos o programa de actividades das xornadas:

Venres 6 de marzo

9.30 horas. Recepción e entrega de documentación.

9.45 horas. Presentación das xornadas. Juan Carlos García Pose, alcalde de Coristanco.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10.00 horas. Importancia da pataca na economía local. Consellería de Medio Rural – Indicación Xeográfica Protexida.

11.00 horas. Labores preparatorias na plantación: sistemas e procedementos. Consellería de Medio Rural.

12.00 horas. Experiencia de Bretaña.
-Importancia da produción de pataca na economía da rexión.
-Labores de cultivo.
-Organización e xestión dos labores por medio de agrupacións de produtores, cumas...
-Canles de comercialización convencionais e alternativos:
Jean Yves Tessier, agricultor e produtor de patacas.
Philippe Dolo e Yvon Nedelec, asesores agronómicos especialistas no cultivo da pataca e técnicos de Bretagne Plants.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

14.00 horas. Xantar

16.00 horas. Visitas a plantacións de patacas da zona: aspectos técnicos do cultivo e labores.

19.30 horas. Remate da xornada.

Sábado 7 marzo

10.00 horas. Encontro con responsables de empresas de distribución.

11.30 horas. Conclusións das xornadas e propostas de novas accións formativas.

 

Cancelación das xornadas polo coronarivus

As xornadas técnicas sobre a pataca que ían celebrarse nesta primeira semana de marzo no concello ourensán de Xinzo da Limia e no coruñés de Coristanco pospóñense ata novo aviso. O motivo é que os produtores da Bretaña francesa que tiñan previsto acudir para explicar o seu xeito de traballar decidiron cancelar a viaxe por prevención, atendendo ás recomendacións do seu país de orixe ante a enfermidade do coronavirus

As xornadas ían ter lugar en Xinzo este xoves día 5, e os días 6 e 7 en Coristanco. Ambos encontros ían contar coas intervencións de técnicos da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa IXP Pataca de Galicia e os dous consistorios.

A Consellería informará das novas datas destas xornadas técnicas unha vez queden pechadas con todos os participantes.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada