Apicultura

Xornadas sobre a vespa velutina e alternativas ó mel no CFEA Lourizán

Campo Galego 20/09/2019 10:19 a.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) celebra a próxima semana unas xornadas apícolas centradas no control da vespa velutina e en distintas alternativas ó mel.

As sesións levaránse a cabo o luns 23 e o xoves 26 nas instalacións do centro educativo. Están dirixidas a técnicos e propietarios agroforestais así como a titulares de explotacións e empresas vinculadas co aproveitamento apícola. Detallamos o programa das xornadas:

LUNS 23

- 16:00-18:00 h. Métodos de loita e control da Vespa velutina. Sandra Victoria. Universidade de Vigo.

- 18:00-20:00 h. Abelleiro europeo. Resposta natural contra a invasión da Vespa velutina. Primeros resultados e futuro da investigación. Jose Manuel Fernández. Naturalista ornitólogo do Departamento de Ciencias da Vida da Universidade de Alcalá de Henares.

XOVES 26

- 15:30-20:00 h. Alternativas ao mel: cera, paquetes de abellas, raíñas e realeras, xalea, propóleos, pole. Producións industriais: hidromel, alimentación. Apiterapia. Román Cid. Presidente da asociación apícola Abellas Nais.

Etiquetado
Ir a la portada