Leite

Xornadas sobre a produción de leite na Galicia interior

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza a súa Reunión de Outono o venres 16 e o sábado 17 de setembro en Chantada e Carballedo, centrada en experiencias de alimentación do gando en base a herba e na produción de millo con regadío. Os asistentes visitarán o Pazo de Cartelos, a queixería Airas Moniz e o Ecomuseo de Arxeriz

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/08/2022 9:58 p.m.

A VII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) terá lugar os vindeiros 16 e 17 de setembro en localidades do sur de Lugo, en concreto, en Chantada e Carballedo, e estará centrada na sustentabilidade da produción de leite na Galicia interior. 

A inscrición e participación é de balde e aberta a todos os interesados ata completar o aforo. A data límite para inscribirse é o día 12 de setembro nos teléfonos 686620154 (Eloi) e 619032791 (Joan) ou no correo electrónico sgpf.galicia@gmail.com. A inscrición non cubre o custe dos xantares (o prezo do xantar é de 20 € cada día). 

Programa

Venres 16 - Lugar de celebración no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada
(Praza de Catro Camiños n.º 5)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

9:30 - Recepción de asistentes

10:00 - Presentación e Inicio da Reunión
Olga Iglesias, Xefa do Servizo Territorial da Consellería de Medio Rural
Mónica Freire, responsable Área Medio Rural Deputación Provincial de Lugo
Joan Alibés, Presidente da SGPF

10:30 - Caracterización Agro-Gandeira das Comarcas do sur de Lugo
Emilio Iván Vázquez, Xefe de Área de Monforte

Loading ad.
Ad could not be loaded.

11:00 - Cultivos forraxeiros para a produción de leite na Galicia interior
Gonzalo Flores, investigador no CIAM

11:30 - Xestión da produción forraxeira na Gandaría SAT Sabadelle
Lois Lareu, gandeiro e socio da SAT Sabadelle (Chantada)

11:50 - Debate sobre as presentacións

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12:10 - Pausa para café

12:40 - Transferencia tecnolóxica: Experiencias de campo na produción de forraxes ecolóxicos en Allariz e na Limia
Juan Valladares, investigador no CIAM

13:20 - A importancia da transferencia tecnolóxica na produción de leite ecolóxico
Marcos Quintás, gandeiro e socio da SAT Torneiros (Allariz)

13:40 - A inclusión da herba verde na ración mesturada diaria para vacas de leite
Alberto Quintián, gandeiro e socio da SAT Sebastián (Irixoa)

14:00 – Debate

14:30 - Xantar no Mesón Mogay (Chantada)

16:20 - Cooperativa AIRA, unha ollada cara ao futuro
Daniel Ferreiro, Director Xeral de Aira

16:50 - Xestión e manexo dun rabaño de 120 vacas de leite ao aire libre na Gandería Maire
Mariano Samblás, gandeiro e socio da Gandería Maire (A Pastoriza)

17:10 - Proposta de fusión de explotacións de leite de pastoreo en Rodeiro
Alberte Lamazares, gandeiro de Rodeiro

17:30 - Outeiro e Airas Moniz: Vacas Jersey e elaboración de queixo
Ricardo Gómez, gandeiro e socio de Outeiro e Airas Moniz (Chantada)

17:50 - Produción extensiva, elaboración de lácteos
Xosé G. Freire, gandeiro de Casa da Fonte (Pantón)

18:10 - Alimentación robotizada na produción de leite
José Manuel Feás, gandeiro (Taboada)

18:30 - Debate - coloquio

19:00 - Fin da xornada
Sábado 17 - Lugar de Reunión na Gandería Outeiro (Chantada)

10:30 - Visita á explotación Gandería Outeiro e á Queixería Airas Moniz (San Salvador de Asma, Chantada)

11:45 – Chegada ao Pazo de Cartelos (Carballedo)

11:50 – Fundación José Luís Taboada, historia e obxectivos
Álvaro Taboada de Zúñiga, Presidente da Fundación José Luís Taboada

12:10 - Presentación das actividades de investigación do CIAM sobre produción forraxeira desenvolvidas no Pazo de Cartelos
Juan Piñeiro, patrono da Fundación José Luís Taboada e investigador retirado no CIAM

12:30 - Visita de campo ás experiencias de investigación de millo en regadío e en secano no Pazo de Cartelos

14:30 - Clausura da Reunión

14:45 - Xantar na Feira do Castro de Carballedo – Casa Benito

16:30 - Visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz (O Saviñao)

18:30 - Fin da Reunión

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada