Axenda

Xornadas sobre o monte en Bueu

Maderas Freire organiza charlas sobre o Plan Forestal, a ordenación de montes e as sociedades de fomento forestal (Sofor)

Campo Galego 12/05/2018 8:56 p.m.

Este luns 14 e martes 15 celebraranse en Bueu (Pontevedra) unhas xornadas adicadas a promover a xestión forestal do monte. O evento está organizado por Maderas Freire, que conta coa colaboración na actividade da Asociación de Propietarios do Morrazo. O programa das xornadas, que se celebrarán no Centro Social do Mar, é o seguinte:

Luns 14, ás 19.30 horas

- Plan Forestal de Galicia: dereitos e responsabilidades dos propietarios. Como evitar os incendios forestais (Tomás Fernández Couto, director xeral de Ordenación e Produción Forestal).

Martes 15, ás 19.30 horas

- Ordenación forestal (Miguel Ángel Pérez Dubois, director xeral de Desenvolvemento Rural).
- Marisé García (coordinadora de constitución de Sofor de Stragal Sl).

Ir a la portada