Desenvolvemento rural

Xornadas sobre o manexo futuro da gandería no noroeste peninsular

Abordaranse aspectos como as normativas de abonado e uso de fitosanitarios, os cambios na alimentación do gando ou a convivencia co lobo. Terán lugar do 19 de setembro ao 20 de outubro na Escola Politécnica de Lugo

Campo Galego 07/09/2022 8:00 a.m.

A Asociación Sectorial de Estudantes de Enxeñerías Agroforestais (SEIAF) organiza durante os meses de setembro e outubro en Lugo un ciclo de conferencias sobre O futuro do medio rural no noroeste peninsular.

Os distintos relatorios terán lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo os días 19, 21, 26 e 29 de setembro e 3, 13 e 20 de outubro en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

Serán abordados temas como a presenza do lobo para as ganderías (luns 19 de setembro), as políticas agrarias e demográficas contra o despoboamento (mércores 21), a alimentación nas ganderías bovinas do futuro (luns 26), o labor de prevención de incendios da gandería extensiva (xoves 29), o futuro sobre o uso de fertilizantes e fitosanitarios (luns 3 de outubro), a xestión forestal e a prevención de incendios (xoves 13 de outubro, ou o futuro da industria forestal (xoves 20 de outubro).

Para poder participar nas distintas xornadas formativas é necesaria inscrición previa cubrindo o seguinte formulario. O programa completo pode descargarse no seguinte enlace

Etiquetado
Ir a la portada