Forestal

Xornadas sobre novas tecnoloxías aplicadas ó sector forestal

Campo Galego 06/11/2018 10:07 a.m.

Que ferramentas lles poden facilitar a xestión das súas producións de madeira a propietarios forestais, madeiristas e industrias? A Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) programou unha serie de 11 xornadas para divulgar as posibilidades das novas tecnoloxías aplicadas ó sector forestal. As sesións, dirixidas a comunidades de montes, propietarios, técnicos e industria da madeira, contarán coa participación dunha ducia de empresas especializadas en servizos ó sector forestal, tanto galegas coma do resto do Estado e internacionais.

Participarán nas actividades formativas as firmas Wuudis, SmartWood, Treemetrics, Letme Soluciones, E-monte, Timber-Smart, RemSoft, Open Forest, Asefor, Maderea, Iforest e FMC. A actividade ten unha finalidade eminentemente práctica e centrarase en explicar os beneficios das distintas ferramentas, o seu xeito de funcionamento e exemplos de uso.

Para inscribirse nas xornadas, organizadas por Asefoga co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, hai que escribir a info (arroba) xornadasticforestais.com. A asistencia é gratuita pero hai que inscribirse previamente.

As xornadas comezaron o pasado día 3 en Ponteceso e continuarán nos próximos días de acordo co seguinte calendario:

- Vigo (9 de novembro).
- Baroña (10 de novembro).
- Pontevedra (13 de novembro).
- Lourizán (14 de novembro).
- Viveiro (15 de novembro).
- Cuntis (16 de novembro).
- Lugo (17 de novembro).
- Becerreá (22 de novembro).
- Nigrán (23 de novembro).
- Caldas (24 de novembro).

Pódese consultar máis información na web das xornadas.

Etiquetado
Ir a la portada