Viña

Xornadas sobre enfermidades da madeira da vide e Flavescencia Dourada en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 12/07/2017 9:24 a.m.

O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) organizan durante o mes de xullo un programa de actividades sobre xestión de enfermidades da madeira e flavescencia dourada, no marco do proxecto europeo WINETWORK (www.winetwork.eu).

Este xoves 13 de xullo ten lugar o acto central do programa, cunha conferencia en Sergude (Boqueixón, A Coruña) na que participarán expertos internacionais e na que tamén haberá unha mesa de intercambio de experiencias entre viticultores galegos. A conferencia, de inscripción gratuíta, está dirixida a viticultores, técnicos e adegas. Quedan tamén por celebrar este mes dous talleres de introdución á enfermidade da madeira e á flavescencia dourada, con información práctica para que os viticultores poidan mellorar a xestión dos seus viñedos. Celebraranse en Leiro (Ourense) o 20 de xullo e en Ribadumia (Pontevedra) o 21 de xullo.

As enfermidades da madeira e a flavescencia dourada convertéronse nos últimos anos nunha das maiores  preocupacións do sector vitivinícola europeo. Patoloxías como a Yesca, a Eutipiose ou a Botryosphaeria, producen un decaemento parcial ou total da planta e, na maioría dos casos, a súa morte. Igual efecto ten a flavescencia dourada. A ampla distribución e alta incidencia destas afeccións están a xerar importantes perdas económicas para o sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para contribuír á redución dos efectos destas enfermidades, o proxecto WINETWORK puxo en marcha unha rede de intercambio de coñecemento e información que persegue dar a coñecer boas prácticas de xestión, así como novas estratexias de manexo que viticultores de diferentes rexións europeas están a probar para o control das GTDs e a FD.

Neste sentido, o “Programa de actividades sobre EMVs e FD en Galicia” exposto por e INGACAL e FEUGA ofrece a través de catro obradoiros e unha conferencia internacional, a posibilidade de coñecer mellor estas patoloxías e presentar traballos e prácticas de interese para Galicia.

Máis información:
- Programa da conferencia 'Enfermidades da madeira de vide e flavescencia dourada: coñecemento e control' (Sergude, 13 de xullo).
- Talleres sobre enfermidades da madeira de vide e flavescencia dourada (Leiro, 20 de xullo; e Ribadumia, 21 de xullo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada