Carne

Xornadas monográficas sobre o sector ovino e cabrún de Galicia

A comercialización centra este ano a actividade programada por Ovica

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/09/2017 2:30 p.m.

A Asociación de Criadores de Ovino e Cabrún de Galicia, Ovica, celebrará o próximo luns 2 de outubro unha xornada monográfica que este ano se centrará no apartado de comercialización. O colectivo traballa na actualidade na caracterización dos modelos produtivos de ovino e cabrún existentes en Galicia, a fin de definir uns parámetros de manexo e de estandarización baixo a marca de calidade Pastores de Galicia.

Con Pastores de Galicia, Ovica trata de prestixiar e distribuír a produción das ganderías galegas de ovino e cabrún. Este ano, as xornadas adícanse fundamentalmente á comercialización, con cuestións como o parametrizado das variables que inflúen na clasificación das canais de ovino e cabrún. Contarase para iso con Rufino Jesús Gil Guerra, técnico do Ministerio de Agricultura.

As xornadas, que contan no apartado organizativo coa colaboración do Ingacal, desenvolveranse na Granxa Gayoso Castro (Castro Ribeiras de Lea, Lugo), dependente da Deputación provincial.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O programa é o seguinte:

09:00 a 09:30 h.: Presentación das xornadas a cargo de Diego Fernández González. Presidente de OVICA (Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia), Lino Rodriguez Ónega (Delegado provincial da área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo) e Dª. Olga Fontal Iglesias. Xefa Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

09:30 a 10:00 h.: Resultados dos proxectos e análises dos resultados de investigación na Finca Marco da Curra (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Santiago Crecente Campo. Ingacal. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10:00 - 11:00 h. RELATORIO I:
- ‘Importancia da clasificación das canais de ovino e caprino. Utilización das presentacións e traballos autorizados das canais. Repercusións no comercio da carne de cordeiro e cabrito’.
Rufino Jesús Gil Guerra. Técnico especialista. Experto nacional e representante español do MAPAMA. (Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) no Comité de Inspección de Clasificación e Prezos de Vacún e Ovino da UE.

11:00 - 11:30 h. Pausa Café.

11:30 - 12:30 h. RELATORIO II: ‘Potencialidades da comercialización do ovino e caprino en Galicia: marca de garantía para o cordeiro e cabrito galegos Pastores de Galicia’.
Carlos Alberto Rodriguez Rodriguez. Técnico agrónomo de OVICA (Asociación de criadores de ovino e cabrún de Galicia) e de Pastores de Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12:30 - 14:30 h. RELATORIO III. Mesa Redonda: ‘Os tres alicerces da cadea de venda: produción, comercialización e distribución’.

- Rufino Jesús Gil Guerra. Técnico especialista. Experto nacional e representante español do MAPAMA. (Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) no Comité de Inspección de Clasificación e Prezos de Vacún e Ovino da UE.

- D. Jose Manuel Igrexas. Presidente da Comunidade de Montes Carballo Vivo en Friol que xestiona dun modo cooperativo e asociativo os montes veciñais de Carballo no Concello de Friol en Lugo.

- Higinio Mougán. Director Xerente de AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias).

- Jorge Eiroa. responsable de vendas do grupo Vegalsa Eroski en Galicia.

Moderador: Carlos Alberto Rodriguez Rodriguez. Técnico agrónomo de OVICA (Asociación de criadores de ovino e cabrún de Galicia) e de Pastores de Galicia.

14:30 - 15:00 h. - Clausura das xornadas a cargo de Álvaro Santos Ramos. Deputado Provincial e responsable de Relacións Institucionais cos Concellos do Rural na Deputación Provincial de Lugo, e de D. Manuel Rafael Pérez Prados, xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural en Lugo.

15:00 - 16:30 h. Pausa Comida.

17:00 - 19:00 h. Visita a matadoiro para sesión práctica de clasificación de canles de cordeiro no matadoiro de Frilea.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada