Forestal

Xornadas formativas en Ourense sobre os aspectos prácticos da normativa forestal

Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo acollerán durante este mes de xuño tres charlas sobre a lexislación vixente en materia de xestión da biomasa, permisos de queima, repoboacións forestais, cortas de madeira e cambios de uso do monte

Campo Galego 11/06/2022 8:45 a.m.

Para este ano 2022 o Servizo de Montes de Ourense da Consellería do Medio Rural ten previsto desenvolver por distintas localidades da provincia 15 charlas informativas sobre os aspectos prácticos da normativa forestal e a súa aplicación por parte dos propietarios dos montes.

O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.

Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:
- obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios
- usos do lume e permisos de queima
- actividades en terreos queimados
- repoboacións forestais
- aproveitamentos de madeira
- cambios de actividade

As tres primeiras charlas terán lugar durante este mes de xuño en Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo:

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enlace e para máis información pode chamarse ao número de teléfono 988386706.

Estas accións están aprobadas dentro do plan de formación continua de AGACAL e organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.

Etiquetado
Ir a la portada