Forestal

Xornadas formativas en Lugo e Ourense sobre “Comunicación forestal con novas tecnoloxías”

02/07/2022 4:53 p.m.

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria e o Servizo provincial de Montes de Ourense, ambos dependentes da Consellería do Medio Rural, organizan unhas xornadas formativas sobre “Comunicación forestal con novas tecnoloxías”. Impartiranse o xoves 7 de xullo en Lugo e o martes 12 de xullo en Ourense.

En Galicia o 70% da superficie é forestal, o monte dá emprego a máis de 20.000 persoas e aquí cortamos máis da metade da madeira de todo o Estado. Porén, a importancia destas cifras non se corresponde coa escasa visibilidade e coñecemento do sector forestal que hai na sociedade.

Hoxe en día, a comunicación asociada ás novas tecnoloxías é unha oportunidade que debemos aproveitar, sendo responsabilidade dos/as profesionais forestais "contar" á poboación a importancia do monte e do seu traballo.

Con esta idea nace a acción formativa COMUNICACIÓN FORESTAL CON NOVAS TECNOLOXÍAS, co obxectivo de acadar no sector un coñecemento básico dos aspectos elementais a empregar nunha comunicación forestal vinculada ás novas tecnoloxías, especialmente nas redes sociais. 

-1ª edición: LUGO, xoves 7 de xullo de 2022, de 16 a 21 h (Sala Muralla - Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Ronda da Muralla nº 70) - Código curso FC2022F127165
 Máis info: Tlf: 982 828 620, Correo e-: distrito.forestal9@xunta.gal, Twiter: @Dist_Forestal9

-2ª edición: OURENSE, martes 12 de xullo de 2022, de 16 a 21 h (Salón de Actos - Centro ISSGA, Rúa Villaamil y Castro s/n) - Código curso FC2022F132075
 Máis info: Tlf: 988 386 706, Correo e-: maria.jose.alberte.rivera@xunta.gal

As persoas interesadas poden preinscribirse no enlace: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Ir a la portada