Desenvolvemento rural

Xornadas en Lugo e Sarria sobre monitorización de cultivos para as axudas da PAC

04/07/2022 1:57 p.m.

A Consellería do Medio Rural organiza para este mércores, 6 de xullo, unha xornada formativa sobre monitorización de cultivos, dirixida especialmente a aquelas explotacións nas que apareceron incidencias na declaración da PAC e que afectan ás Oficinas Agrarias Comarcais de Lugo, Friol, Castroverde e Monterroso.

Será impartida a charla por Fernando López López, Xefe de Servizo Territorial do Fogga en Lugo  e polos técnicos da Oac Lugo na súa parte práctica.

Lugar: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo

Hora: Comezo 16 horas tarde.

O xoves, día 7 de xullo, impartirase no mesmo formato, na comarca de Sarria.

Lugar: Salón de actos da Biblioteca Publica Municipal de Sarria.
(Casa da Cultura_Rúa Marqués de Ugena).

Horario: Comezo 10 horas mañá.

Para calquera das xornadas non se necesita inscripcion previa e abonda con comunicare a asistencia enviando un correo a oac.seca.lugo@xunta.gal

Ir a la portada