Agroalimentación

Xornadas de emprendemento e innovación en empresas de economía social do sector agroalimentario

15/01/2024 10:31 a.m.

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social.  

As primeiras das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración co Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco) os días 17 e 24 de xaneiro.

Esta xornada na EFA Fonteboa contará cunha parte de divulgación do emprendemento en economía social no sector agroalimentario e charlas sobre aspectos innovadores de mellora da competitividade das empresas agroalimentarias. Tamén haberá unha mesa redonda con entidades sociais do sector agroalimentario que aplican a innovación nos seus plans de negocio, así como cunha visita a unha entidade de economía social. 

As xornadas teñen tres grupos destinatarios: 

1. Produtores primarios locais que queiran incrementar a rendibilidade da súa explotación con novas ideas de negocio vinculadas a pequenas transformacións a escala artesanal para obter produtos alimentarios de calidade.  

2. Propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias interesados en abordar novos desenvolvementos innovadores.  

3. Alumnos e alumnas das escolas participantes (a gran parte deles menores de 30 anos) que poden ser futuras persoas emprendedoras, ben como remuda das explotacións familiares ou como traballadores das entidades do sector agroalimentario.   

Enlace á inscrición

Etiquetado
Ir a la portada