Axenda

Xornadas da Evega sobre “Uso do frío na elaboración de viño. Innovacións e tendencias”

07/03/2018 8:04 p.m.

O vindeiro 22 de marzo, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), organiza as primeiras xornadas técnicas correspondentes ao ano 2018. Nesta ocasión diversos expertos falarán sobre o “Uso do frío na elaboración de viño. Innovacións e tendencias”.

A xornada desenvolverase no salón de actos do Centro sociocultural de Sober (Lugo), en horario de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Sober, a Fundación Juana de Vega, o CRDO Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 21 de marzo.

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude

Etiquetado
Ir a la portada