Axenda

Xornada técnica sobre “Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións”

11/05/2017 8:41 a.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organiza para o vindeiro 15 de maio unhas xornadas técnicas sobre “Os escumosos galegos. Tendencias e innovacións”, un mercado aínda minoritario pero en alza e con gran potencialidade para as castes autóctonas galegas.

Desenvolverase no salón de actos do edificio Multiusos de Arbo (Pontevedra) en xornada de mañá. Nesta xornada colaboran o Concello de Arbo e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

O prazo de inscrición rematará o día 12 de maio.

Pódese descargar aquí o programa e a folla de solicitude de inscrición:

Velaquí o programa da xornada:

Etiquetado
Ir a la portada