Axenda

Xornada técnica sobre “O Porco Celta en Galicia”

29/10/2017 9:40 a.m.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza para o vindeiro 11 de novembro en Lugo unha xornada técnica sobre “O Porco Celta en Galicia”. A xornada, de mañá e tarde, celebrarase na sede do Ibader, no Campus Universitario de Lugo.

Distintos expertos expoñerán as recomendacións sobre alimentación, sanidade e benestar animal ou caracterización da carne e da canal de Porco Celta.

Velaquí o programa:

Para confirmar a asistencia enviar un correo electrónico a asoporcel@asoporcel.es, chamar ao teléfono 982 226 252 ou directamente na Oficina Agraria Comarcal de Lugo.

Etiquetado
Ir a la portada