Axenda

Xornada técnica sobre o material vexetal para a produción de castaña

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán organiza en Santiago unha xornada para analizar o proceso de certificación de variedades tradicionais de castaña

Campo Galego 01/11/2016 2:41 p.m.

Santiago acollerá o venres 4 de novembro unha xornada técnica titulada 'O material vexetal para a produción de castaña'. O acto, organizado polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, orientarase a abordar o proceso de certificación de variedades galegas de castaña.

En Galicia xa hai 16 variedades tradicionais no Rexistro de Variedades Comerciais. O desenvolvemento da certificación, explican desde Lourizán, supón o cumprimento dunha serie de requisitos por parte dos viveiros.

O Centro considera que as xornadas servirán para facer unha síntese do estado de coñecemento das variedades e dos portaenxertos, así como para presentar os procedementos de certificación. Reflexionarase ademais sobre as repercusións que ten regular a comercialización das plantas de viveiro para os produtores de castaña, que sempre se ocuparon da conservación e multiplicación das variedades cultivadas nos seus soutos.

Para inscribirse nas xornadas, hai que escribir ó correo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal.

Máis información
- Programa completo das xornadas 'O material vexetal para a produción de castaña' (PDF).

Etiquetado
Ir a la portada