Leite

Xornada técnica sobre mellora da produción de leite en ecolóxico

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/02/2019 9:08 p.m.

“Mellora da produción do leite ecolóxico en Galicia” é o título da xornada que terá lugar o venres 22 de febreiro en Lugo. Dirixida a gandeiros de vacún de leite certificados en ecolóxico ou en proceso de certificación, a actividade está organizada por Agronovo en colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Na sesión abordaranse cuestións como os aspectos a ter en conta para garantir o benestar animal, así como os novos requisitos normativos. Neste sentido, haberá intervencións vencelladas á PAC e ás esixencias que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2021. Tamén se falará sobre as vantaxes que o asociacionismo ten para os produtores de leite ecolóxico.

O programa arranca ás 10.30 h. no Recinto Feiral de Lugo coa acreditación dos participantes. O primeiro relatorio (11.15 h.) correrá a cargo de Isabel Blanco Penedo, da Swedish University of Agricultural Sciences (Suecia). Virá despois (12 h.) a quenda de Manuel Cancio Álvarez, director técnico do Craega. Disertará sobre a situación actual e os próximos cambios normativos do leite. O último relatorio (13 h.) será o de Xisela Fernández e Javier Villanueva, técnicos de Agronovo. Leva o título de “Vantaxes dunha agrupación de produtores de leite ecolóxico”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A xornada é de carácter gratuíto. É precisa a inscrición ou ben chamando aos teléfonos 982 246 762 / 678 645 549 ou enviando un correo electrónico a info@agronovo.es

Descarga aquí o programa completo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada