Xornada técnica sobre gandaría ecolóxica o 1 de febreiro en Curtis

20/01/2024 9:45 a.m.

O próximo 1 de febreiro celebrarase en Curtis (A Coruña) a VI Xornada Técnica de Produción gandeira ecolóxica, organizada por Ecofeed, marca líder no mercado galego no segmento de pensos ecolóxicos para gando vacún.

A cita será a partir das 11:30 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro, co seguinte programa:

-Presentación da Xornada. Representantes do Concello de Curtis e de Campoastur

-Uso eficiente dos pensos ecolóxicos en vacún. Rafael Pardo de Andrade (Veterinario - Campoatur)

-Pastos e pradarías para produción ecolóxica. Carlos Garrido (Veterinario - Fertiprado)

-Caderno dixital aplicación á produción ecolóxica. Xisela Fernández (Enxeñeira Agrónoma - Agronovo)

Ao finalizar celebrarase unha comida no restaurante Perla do Muiño

As inscricións poden realizarse escribindo a rafaelpardodeandrade@gmail.com ou campoastur@campoastur.es ou chamando ao 679410087.

Por cuestións de organización a data límite para inscricións é o luns 29 de xaneiro

Na celebración da xornada colaboran Fertiprado, Agronovo Ecoloxía SL e o Concello de Curtis.

Etiquetado
Ir a la portada