Axenda

Xornada técnica sobre “Estratexias de control do mildeu na vide”

23/03/2017 12:30 a.m.

O vindeiro 6 de abril, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), organiza as primeiras xornadas técnicas sobre “Estratexias de control do mildeu na vide”, a enfermidade fúnxica que máis afecta aos viñedos en Galicia.

A xornada, de carácter gratuíto e dirixida a profesionais do sector, desenvolverase no Centro Sociocultural de Sober (Lugo) en horario de mañá. Na mesma colaboran o Concello de Sober, o consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (INGACAL).

Velaquí o programa da xornada:

-9:00 a 9:30 horas: Entrega de documentación e presentación da xornada.

-9:30 a 10:15 horas: “O mildeu na vide: Pasado, presente e futuro”. Pedro Mansilla Vázquez, director da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

-10:15 a 11:00 horas: “A competencia do mildeu: microorganismos antagonistas”. Ana Díez Navajas, investigadora en Neiker-Tecnalia. Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario.

-11:00 a 11:30 horas: Pausa café.

-11:30 a 12:00 horas: “Redución do uso de fitosanitarios e manexo do silicio contra o mildeu na viña”. Juan Jesús León Pozas. Técnico de Agri Nova Science S.A.

-12:00 a 13:00 horas: “Novas moléculas para o control do mildeu”. José Romón Gallego Boquete, técnico de Basf, e Christophe Desvals, técnico de Belchim Crop Protection.

-13:00 a 14:00 horas: “O control do mildeu: perspectivas prácticas”. Modera: Emilia Díaz Losada, tecnóloga da Evega.

Cata de viños e clausura.

O prazo de inscrición rematará o día 5 de abril.
-Descargar díptico
-Descargar folla de inscrición

Etiquetado
Ir a la portada