Leite

Xornada técnica sobre cultivo de millo e pradeiras na Galicia interior

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/12/2018 10:30 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza este xoves, 20 de decembro, na Finca Robles, no concello lucense da Pobra do Brollón unha xornada técnica de transferencia sobre “Rotacións forraxeiras en terras da Galicia interior”.

A asistencia é gratuíta a esta xornada na que se exporán os resultados dos campos de cultivo de ensaio realizados grazas á colaboración entre o CIAM, a cooperativa AIRA, a Fundación José Luis Taboada e a gandería SAT Torneiros.

A xornada está dirixida a gandeiros, técnicos e público en xeral interesado no tema, que deberá enviar un correo a adrian.botana.fernandez@xunta.es indicando asistencia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Programa:

-11.30-12.00 “Resumo dos traballos dos últimos anos en Cartelos (Carballedo-Lugo)”. Juan Piñeiro Andión, padroeiro da Fundación José Luis Taboada e Investigador xubilado do CIAM.

-12.00-12.30 “Resultados dos campos de demostración en Cartelos: Forraxes de inverno e rega do millo forraxeiro (ATT 2018/ 151 e 155)”. Juan Valladares Alonso, investigador do CIAM.

-12.30-1 3.00 “Resultados dos campos de demostración na Pobra do Brollón: Mesturas de trevos anuais como forraxes de inverno e rega de cultivos de verán (ATT 2018/ 150-154-156)”. Gonzalo Flores Calvete, investigador do CIAM.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-13.00-13.30 “Resultados dos campos de demostración en colaboración co SAT Torneiros: Implantación de rotacións ecolóxicas na comarca de Allariz- A Limia (ATT 2018/ 153-157)”. Juan Valladares Alonso, investigador do CIAM

Lugar: Finca Robles – A Veiga - Pobra do Brollón (Lugo)
Coordenadas GPS: 42º 35’ 38.73’’ N, 7º 24’ 35.95’’ W

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada