Carne

Xornada técnica sobre crianza sustentable do porco celta nas carballeiras e soutos galegos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/09/2019 10:53 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural organiza para o vindeiro día 28 de setembro no concello pontevedrés de Mondariz unha xornada técnica sobre “Crianza sustentable do porco celta nas carballeiras e soutos galegos”.

A xornada, de carácter gratuíto, está dirixida a profesionais do sector ou persoas en xeral interesadas nesta materia. Celebrarase no Centro de Cultura-Biblioteca Municipal. Para inscribirse é preciso cubrir a folla de inscrición correspondente á xornada e enviala a infolourizan.mr@xunta.gal

Programa:

-9:30 horas: Inauguración.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Presentación da xornada e descrición do proxecto: "RTA2014-00051-C04. Sustentabilidade de sistemas silvopastorais de masas ibero-atlánticas de folla caduca con razas autóctonas de porco en réxime extensivo”. Francisco Javier Silva Pando, coordinador científico do proxecto, e investigador do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

-”O ensaio de porco celta en carballeira. Bases para o deseño das explotacións”. Francisco Javier Silva Pando.

-”Experiencias co porco celta nos soutos lucenses”. María Rosa Mosquera Losada, profesora da Escola Politécnica Superior, USC, Lugo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Pausa-café de 30 minutos

-”A xestión diaria das explotacións extensivas co porco celta. Recursos do medio, alimentación e problemas sanitarios”. Iván Rodríguez Paz, veterinario de ASOPORCEL

-”Aproveitamento dos soutos con porco gochu asturcelta en Asturias”. Begoña de la Roza Delgado , investigadora do SERIDA.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-Pausa-comida (O xantar non está incluído na actividade formativa)

-Visita de campo, con desprazamento en autobús

16:00 – 21:00: Visita á explotación extensiva de porco celta en Rendufe (A Cañiza) e a outra en Mouriscados (Mondariz), onde se impartirá unha práctica de demostración con produtos de uso culinario do porco celta.

-Descarga aquí o díptico

-Descarga aquí a folla de inscrición

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada