Axenda

Xornada técnica sobre cría de Porco Celta

12/11/2018 12:59 p.m.

A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) organiza para o 24 de novembro, sábado, a súa II Xornada Técnica Monográfica, que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O programa da xornada é o seguinte:

-9:15 horas: Acreditación e entrega de documentación.

-9:30 horas: Presentación da xornada.

-10:00 horas: “Cerdo Ibérico versus Porco Celta: manexo e instalacións”. Jesús
Carlos Rivera Rodríguez, veterinario e director comercial de Grupo Solano.

-11:00 horas: Pausa café.

-11:30 horas: “A importancia do racionamento na rendibilidade das explotacións de Porco Celta”. Jesús Fernández, veterinario de Nuscience Ibérica SAU.

-12:30 horas: “Control de enfermidades e ameazas presentes e futuras”. Gonzalo López Lorenzo, investigador do Departamento de Patoloxía Animal da Universidade e Santiago de Compostela. Grupo INVESAGA.

-13:30 horas: “O mercado de produtos de calidade diferenciada: presente e futuro”. Julio Sánchez Castell, departamento comercial de Finca Santa Rosalía.

-14:30 horas: Xantar .

Para asistir é obrigatorio confirmar a asistencia chamando ao teléfono 982 226 252 antes do 22 de novembro.

Etiquetado
Ir a la portada