Agricultura

Xornada técnica sobre conservación da pataca

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/11/2021 1:57 p.m.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense, dependente da Consellaría do Medio Rural, ten previsto realizar o vindeiro 30 deste mes en Xinzo de Limia unha xornada técnica sobre conservación da pataca.

A formación, que leva por título “Actividade informativa sobre illamento, climatización de almacéns de pataca e conservación dos tubérculos”, impartirase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense) en horario de 09:00 a 13:00 horas.

O programa é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

9:00 h Técnicas de cultivo que inciden na conservación da pataca - Estela Ortiz De Landazuri- Cooperativa La Rioja Alta

10:30h Condicións de uso de hidrazida maleica 18% (SUPER- STOP-BROT 18) - Juan Giralt Thovar – PAMENA SL

11:05 h Condicións de uso de 1,4 dimetilnaftaleno 98% DMN (1,4 SIGHT) - Carlos J. García Ladrón - AGROFIELD SL

Loading ad.
Ad could not be loaded.

11:40 h Condicións de uso do aceite de menta 94,9% (BIOX-M) - Miguel Martínez Bartolomé – CERTIS EUROPE

12:15 h Condicións de uso do aceite de laranxa 843,2 HN (ARGOS) - Vicente Muñoz Colmenares – UPL IBÉRICA

12:50 h Rolda de preguntas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A inscrición á xornada é obrigatoria e gratuíta, mediante a presentación dunha solicitude que será enviada ao Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense ou enviada ao correo electrónico sea.cmrm.ourense@xunta.gal Máis información no telévono 988 386 571

Esta actividade foi aprobada no Plan de Transferencia Tecnolóxica para o agro galego 2021, e cofinanciada polo FEADER nun 75%.

Descarga aquí a solicitude

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada