Carne

Xornada técnica sobre a actividade agrogandeira en montes veciñais en man común

A formación celébrase o 26 de outubro en Xinzo de Limia. Abordarán a normativa de aplicación e procedementos neste tipo de montes

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/10/2022 9:35 a.m.

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense organiza unha xornada técnica sobre a actividade agrogandeira desenvolta en montes clasificados como veciñais en man común. O obxectivo da formación é abordar a normativa que é de aplicación para desenvolver este tipo de actividades nos montes deste réxime, así como dar conta dos procedementos administrativos relacionados.

A xornada celebrarase o vindeiro mércores día 26 de outubro en quenda de tarde, de 15:30 a 19:30 horas. A formación impartirase no salón de plenos da Casa do Concello de Xinzo de Limia. A xornada está dirixida a persoas que desenvolvan a súa actividade nos sectores agrarios, alimentario e forestal e cuxo ámbito de actuación sexan zonas rurais.

O aforo para asistir á xornada é limitado, polo que as persoas interesadas deben formalizar a inscrición antes do martes 25 ás 14:00 horas. Para solicitar máis información poden facelo a través do email: jose.manuel.novoa.blanco@xunta.gal ou no teléfono 988 386 516.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada