Carne

Xornada técnica do porco celta en Galicia

A Asociación de Criadores de Porco Celta congregará a produtores de toda Galicia o sábado 23 en Lugo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/11/2019 7:00 p.m.

A Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel) organiza o próximo sábado 23 de outubro unha xornada técnica monográfica sobre cuestións de interese para as explotacións. Será en Lugo, no Pazo de Feiras e Exposicións, e abordaranse aspectos como a bioseguridade das ganderías en extensivo ante as ameazas actuais, como a peste porcina, ou as axudas e condicións para a transformación e comercialización da carne.

Programa
10 h. - Inauguración.

10.30 h. - Os comezos dunha explotación de porco celta. (María Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

11 h. - Axudas para explotacións de razas autóctonas: porco celta. (Fernando López, xefe de servizo territorial do Fogga en Lugo).

12 h. - Pausa café.

12.15 h. - A bioseguridade en granxas de cría extensivas ante as ameazas sanitarias actuais. (Jordi Baliellas, veterinario coordinador da área de sanidade animal de Interporc).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

13 h. - Transformación e comercialización: axudas e condicións. (Rafael Pérez. Xefe en Lugo do servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria. Consellería do Medio Rural).

13.45 h. - Como é a calidade nutricional da carne de porco celta?. (Daniel Franco, xefe de investigación agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne).

14.30 – Xantar de traballo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscripcións, pódese tramitar ata o 21 de novembro no teléfono 982 226 252.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada