Leite

Xornada técnica no CIAM sobre loita contra a IBR na gandería de vacún en Galicia

“Aportacións ao coñecemento da distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) na cabana vacuna galega” celebrase no marco de acción da cooperación AC2021. Terá lugar o vindeiro 8 de xuño no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/05/2023 11:30 a.m.

O vindeiro 8 de xuño, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en colaboración con outras entidades, desenvolven unha xornada técnica co Programa Nacional de Prevención, Control e Erradicación da IBR, titulada “Aportacións ao coñecemento da distribución do herpesvirus bovino tipo 2 (BoHV-2) na cabana vacuna galega”. Poderase asistir de xeito presencial ou on-line, e para inscribirse é necesario cubrir este formulario.

Esta xornada está dirixida a técnicos veterinarios da Consellería do Medio Rural, ADSG e en xeral de gando bovino de Galicia. Nela abordaranse cuestións como a situación actual e perspectivas de futuro da enfermidade e do seu programa nacional, diagnóstico laboratorial de IBR, aplicacións do programa de calificación oficial, ou o programa de IBR no contexto galego.

A base normativa que establece a clasificación sanitaria das explotacións gandeiras cínguese ao Real Decreto 554/2019, de 27 de setembro, polo que se establecen as bases das actuacións de prevención, control e erradicación da Rinotraqueítis Infecciosa Bovina (IBR) e se establece un programa nacional voluntario de loita contra dita enfermidade, e tamén, pola Orde de 22 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2023- 2024.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesta ocasión participarán representantes do Ministerio de Agricultura, do Laboratorio Nacional de Referencia, da CCAA de Andalucía, de Guipúzcoa, do Laboratorio de Sanidade Animal (Lasapaga) e coa participación da Subdirección Xeral de Gandaría e do propio CIAM. Cómpre engadir que na súa organización tamén participa a Subdirección Xeral de Gandaría, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e colabora a Fundación Juana de Vega.

Programa da xornada:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

PROGRAMA_JORNADA_IBR_080623

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada