Viña

Xornada técnica en Sober sobre o sobreinxerto na viña

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/02/2024 12:09 p.m.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel organiza para o vindeiro xoves, 29 de febreiro, en Sober (Lugo), unha xornada sobre sobreinxerto en viñedo, unha técnica para cambiar de variedades nunha viña moito menos custosa que a replantación.

A temática ven motivada polo crecente interese de adegas e viticultores da DO. Ribeira Sacra, principalmente, por reinxertar as cepas de Mencía con variedades brancas, sobre todo godello, ante as incertezas sobre o mercado dos viños tintos, que nesta denominación de orixe representan arredor do 80% da produción.

A xornada, que se celebrará a partir das 19:00 horas no centro sociocultural de Sober, contará con dous expertos de referencia na materia: Vicente Sotés, catedrático emérito de viticultura da Universidad Politécnica de Madrid, e Esteban Ponce de León, responsable de viticultura de Bodegas Marqués de Riscal, unha das adegas pioneiras en España na aplicación da técnica do sobreinxerto a gran escala.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada