Apicultura

Xornada técnica de apicultura da asociación “Abellas Nais”

17/03/2018 7:44 p.m.

A Asociación Apícola Abellas Nais organiza o vindeiro domingo, 25 de marzo, unha xornada técnica sobre apicultura. Será no auditorio municipal de Celanova, en horario de mañá e tarde, e nela abordaranse temas como a loita contra a varroa e outras doenzas, a xestión rendible da explotación apícola ou o impacto económico da loita contra a vespa velutina.

A entrada é gratuíta para os socios de Abellas Nais e custa 5 euros para as persoas non socias.

Ir a la portada