Agricultura

A xornada técnica agrícola de Fitoagraria congrega a 100 profesionais en Xinzo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
21/02/2020 11:12 a.m.

Uns 100 profesionais do sector agrícola participaron este martes na II Xornada Técnica Agrícola organizada pola empresa Fitoagraria na comarca da Limia.

A xornada comezou coa ponencia de Marta Díaz, xestora de produtos sólidos de Fertiberia Tech, que falou sobre novas tecnoloxías de fertilización na pataca. Tras ela, Pau Vinyes, de APE/S Spain, deu a coñecer a nova plataforma dixital de Basf-Xarvio.

Unha das ponencias máis agardadas foi a de Jordi Recasens, catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agraria da Universidade de Lleida, quen falou sobre a problemática das resistencias aos herbicidas e o manexo integrado de malas herbas de cereais de inverno.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Seguille Pablo Olveira, quen expliucou as técnicas de aplicación de tratamentos fitosanitarios mediante o uso de drons e realizou unha demostración en campo.

Pola tarde, a xornada pechouse coa intervención dun dos grandes expertos no cultivo da pataca en España: Fernando Alonso Arce, quen deu as claves sobre o almacenamento do tubérculo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada