Viña

Xornada sobre viños de parcela e o exemplo do Priorato

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/10/2023 12:05 p.m.

O vindeiro venres, 20 de outubro, celebrarase no concello lugués de Pantón unha xornada técnica sobre os viños de parcela, una tendencia de presente e de futuro para diferenciar e darlle máis valor ao viño.

A cita terá lugar ás 18:45 horas na Casa da Cultura de Pantón e na programación destaca a conferencia de Salus Álvarez, presidente do Consejo Regulador da DOQ Priorat, en Cataluña, un referente en España na aposta polos viños de parcela, así como a charla de René Barbier, adegueiro e propietario da adega catalá Clos Mogador. Posteriormente, Diego Rodríguez, da adega Don Bernardino, exporá o caso de diferenciación dos viños de parcela na subzona de Amandi, na DO. Ribeira Sacra.

O aforo é limitado, polo que é necesaria previa inscrición a través do código QR ou no seguinte enlace:https://forms.gle/RvNjvmFzzxM9Fud28 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Velaquí o programa:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada