Forestal

Xornada sobre técnicas de enxertado en castiñeiro

Campo Galego 02/02/2017 8:23 a.m.

O Concello de Folgoso de Caurel organiza en maio unha xornada práctica de enxertado de castiñeiro. A actividade será impartida por Ramiro Javier Martínez, de viveiros O Pomariño.

As persoas interesadas en asistir deberán contactar coas oficinas municipais (982-43.30.01). A xornada celebrarase o sábado 13 de maio en horario de tarde. Os asistentes deberán levar unha navalla para a parte práctica do taller.

Etiquetado
Ir a la portada