Axenda

Xornada sobre recursos xenéticos de castiñeiro para usos múltiples

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán programou unha sesión en Santiago para analizar os programas de mellora da especie, así como o impacto e perspectivas da praga da avespiña chinesa

Campo Galego 17/11/2017 8:25 p.m.

A Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, acollerá o próximo mércores 29 de novembro a xornada ‘Os recursos xenéticos de castiñeiro para obxectivos múltiples’. A sesión, organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, é de acceso libre, pero precisa de inscripción previa a traves do correo electrónico infolourizan.mr@xunta.gal, indicando nome, dni e empresa (de ser o caso).

O programa da xornada técnica é o seguinte:

10 h. - Variedades inscritas no Rexistro de Variedades Comerciais. (Josefa Fernández López).

10.30 h. - Estrutura xeográfica e orixe das poboacións do castiñeiro bravo estimada con marcadores moleculares. (Javier Fernández Cruz).

11 h. - Descanso

11.30 h. - Variación adaptativa no ritmo de crecemento e resistencia á seca das poboacións mediterráneas e setentrionais de castiñeiro da península Ibérica. Aplicacións para Galicia. (Beatriz Míguez Soto).

12 h. - Árbores superiores de castiñeiro para a produción de madeira: unha nova colección de xermoplasma. (Santiago Barciela Rodríguez).

12.30 h. - A orixe xenética das árbores para produción de madeira. (Javier Fernández Cruz).

13 h. - A difusión da avespa do castiñeiro en Galicia e as medidas tomadas pola Consellería do Medio Rural. (José Carlos Costas).

Sesión de tarde

16 h. - O melloramento e a xenética molecular para a resistencia do castiñeiro a ‘Phytophthora cinnamomi’. (Rita Lourenço Costa).

16.45 h. - Potenciais parasitoides nativos que poden actuar sobre ‘Dryocosmus kuriphilus’. (María Josefa Lombardero).

17.30 h. - A caracterización das variedades e outros materiais de castiñeiro polo seu comportamento fronte á avespa. (Beatriz Míguez Soto).

18.15 h. - Mellora xenética do castiñeiro para obxectivos múltiples: a identificación de fontes de resistencia a factores bióticos e abióticos. (Josefa Fernández).

Etiquetado
Ir a la portada