Forestal

Xornada sobre produción de castaña en Cervantes

A actividade, organizada por Agaca coa colaboración da IXP Castaña de Galicia, celebrarase na cooperativa A Carqueixa

Campo Galego 07/10/2017 12:02 p.m.

Os días 10 e 11 de outubro desenvolverase en San Román de Cervantes (Lugo) a xornada ‘Aproveitamento e produción da castaña en Galicia’. A actividade, de asistencia libre, ten un carácter técnico, orientada a facilitarlle información ás persoas asistentes sobre sistemas de produción, transformación e comercialización. Poden asistir persoas mozas, produtores, técnicos e toda persoa interesada no cultivo do castiñeiro.

O primeiro día das xornadas será impartido por Manuel López, da IXP Castaña de Galicia, que abordará cuestións como a situación actual e perspectivas de futuro da produción de castaña, deseño e mantemento de plantacións, variedades e sanidade do castiñeiro de froito, ou aspectos relativos á conservación, transformación e comercialización da castaña.

A actividade inclúe un desprazamento á zona de La Oricera (Balboa, León), onde terá lugar unha degustación de produtos elaborados con castaña, e visitaranse lugares de relevancia para ese produto. A xornada comezará ás 10.30 e rematará ás 19.00 horas.

O día 11, entre 10 e 14 horas, haberá unha viaxe a soutos vellos recuperados e a novas plantacións de castiñeiros con variedades priorizadas.

Etiquetado
Ir a la portada