Forestal

Xornada sobre as posibilidades e silvicultura das plantacións forestais de cerdeira

O Centro de Investigación de Lourizán acolle este martes 7 unha sesión orientada a divulgar os ensaios realizados polo centro

Campo Galego 06/11/2017 8:38 a.m.

A cerdeira é unha das especies sobre as que o Centro de Investigación Forestal de Lourizán orientou as súas investigacións nos últimos anos, pois considérase de interese para o monte galego. Este martes 7, o Centro organiza unha xornada para explicar as posibilidades, usos e silvicultura que precisa a especie. A sesión, de asistencia gratuíta, precisa de inscripción previa a través do correo electrónico infolourizan.mr (arroba) xunta.gal.

O programa da xornada é o seguinte:

9:00 - Presentación
Representante da Dirección Xeral de Ordenación Forestal

9:15 - Situación actual das masas de cerdeira.
Relator: Santiago Barciela García.
(Centro de Investigación Forestal de Lourizán).

9:45 - Emprego de frondosas na prevención/expansión do incendio.
Relator: Enrique Martínez Chamorro.
(Director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán)

10:15 - Os clons de cerdeira rexistrados como materiais forestais de reprodución.
Relatora: Mª Eugenia Miranda Fontaíña.
Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

10:45 - A biotecnoloxía ao servizo da produción de frondosas de calidade.
Relatora: Marga Fraga.
(Cultigar).

11.15 - Descanso.

11:45 - Visita a unha plantación clonal de cerdeira.
Relatora: Mª Eugenia Miranda Fontaíña.
(Centro de Investigación Forestal de Lourizán)

12:15
A madeira de cerdeira en serradoiros e como materia prima de talla,
cestería e pequeno moble.
Relatores: Rafael Peláez, Enrique Táboas.

12:45
Mesa redonda
Josefa Fernández López, Enrique Martínez Chamorro
María Eugenia Miranda Fontaíña
Centro de Investigación Forestal de Lourizán

14:30 – Debate.

Anexo

- Folla de inscripción (Pdf).

Etiquetado
Ir a la portada