Leite

Xornada sobre as perspectivas do sector lácteo

Unións Agrarias organiza este mércores unha xornada sobre a situación e retos das ganderías de leite. Intervirán, entre outros, o secretario de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda, e Francisco Sineiro, quen foi catedrático de Economía Agraria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 05/02/2019 12:47 p.m.

O sector leiteiro centra unhas xornadas que se desenvolverán na mañá deste mércores en Santiago de Compostela. O acto está convocado por Unións Agrarias, que busca analizar as perspectivas de futuro das explotacións e as novas normativas que están entrando en vigor neste comezo de ano, como a da identificación da orixe do leite, xa en vigor, ou a reforma do Paquete Lácteo, que se publicará previsiblemente nos próximos días.

A xornada contará, entre outras intervencións, con Francisco Sineiro, quen foi catedrático de Economía Agraria na Universidade de Santiago, e co secretario de Agricultura do Ministerio, Fernando Miranda. Espérase tamén a presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, para a clausura do acto.

Programa

10.30 – Recepción.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

11 h. - Presentación e inauguración das Xornadas
- Oscar Pose Andrade. responsable de Servicios de UUAA.
- Martiño Noriega Sánchez, alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
- Lorenzo Ramos Silva, secretario general de UPA.

11:15 h. - Ponencia: “O Sector Leiteiro: Evolución e Perspectivas de Futuro”
- Presenta e modera: Javier Iglesias Fernández, responsable de Gandería de UUAA.
- Ponente: Francisco Sineiro García, Catedrático de Economía Agraria da Universidade de
Santiago de Compostela.

11:45 h. - Debate

Loading ad.
Ad could not be loaded.

12:00 h. - Ponencia: Novos Retos do Sector Leiteiro. Paquete lácteo e Identificación de Orixe
- Presenta e modera: Román Santalla Agra. secretario de Ganadería de UPA.
- Ponentes:
- Silvestre José Balseiros Guinarte. director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias
Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural.
- Fernando Miranda Sotillos. secretario general de Agricultura y Alimentación do Ministerio de
Agricultura, Pesca y Alimentación.

13:00 h. - Debate.

13.30 h. - Acto de clausura.
- Fernando Miranda Sotillos. secretario general de Agricultura y Alimentación do Ministerio de
Agricultura, Pesca y Alimentación.
- José González Vázquez. conselleiro do Medio Rural.
- Roberto García Gozález. secretario xeral de Unións Agrarias- UPA.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada