Leite

Xornada sobre pasto siambasa: Manexo do cultivo e experiencias no norte de España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/04/2021 5:12 p.m.

A cooperativa Delagro e EsSeeds organizan para o vindeiro xoves, 15 de abril, unha xornada online sobre “Siambasa, manexo do cultivo e experiencias na campaña 2020 no norte de España”.

A xornada emitirase ás 16.00 horas a través da plataforma Google Meet, e vai dirixida a agricultores, gandeiros e técnicos interesados nesta alternativa forraxeira.

Delagro leva comercializando e sendo distribuidores no norte da península do pasto siambasa desde fai dúas campañas, “co que estamos a obter uns resultados moi interesantes  que está  a provocar que cada vez sexa máis utilizado na zona norte como unha alternativa forraxeira”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, mostraranse plantacións da pasada campaña 2020 en distintas zonas do norte peninsular. Como avance, este é o resultado do primeiro corte de pasto siambasa nunha leira de Luarca (Asturias) o pasado ano:

[video width="640" height="352" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2021/04/luarca-siambasa.mp4"][/video]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada