Agroalimentación

Xornada sobre pasado, presente e futuro das marcas de calidade para os alimentos galegos

11/10/2021 1:39 a.m.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación Juana de Vega organizan o vindeiro 22 de outubro, A xornada de transferencia: “XORNADA TÉCNICA: PASADO, PRESENTE E FUTURO DAS MARCAS DE CALIDADE DIFERENCIADA DE GALICIA. RELACIÓN CO SISTEMA GALEGO DE I+D+i “.

Nesta xornada amosaranse algúns dos proxectos vinculados ao desenvolvemento das DOP e IXP galegas nos que participa o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e outros centros dependente da AGACAL.

A presentación de resultados e liñas de traballo enmárcase cunha presentación de María Naranjo, directora de industrias alimentarias do ICEX e unha mesa redonda na que representantes dalgunhas das DOP e IXP de maior traxectoria en Galicia expliquen a súa experiencia en relación á transferencia de coñecemento e expoñan as necesidades de I+D+i non cubertas.

A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Consulta aquí o programa completo e como inscribirte.

Ir a la portada