Forestal

Xornada sobre os servizos ecosistémicos da Devesa da Rogueira, no Courel

Campo Galego 09/03/2020 10:10 a.m.

A comunidade de montes de Rogueira e Cabana, no Courel, celebra este martes 10 de marzo unha xornada para presentar o certificado de servizos ecosistémicos da Devesa da Rogueira, un dos bosques máis emblemáticos de Galicia. Con este certificado, o primeiro obtido en España e o segundo en Europa, o monte veciñal compromete unha xestión do espazo que mellore ou polo menos conserve a actual biodiversidade vexetal que presenta.

A xornada contará coa participación de Administración, Universidade, ecoloxistas e sector forestal, así como da entidade encargada da certificación do monte, Asefor (Grupo Alvariza), e do selo certificador, FSC.

Este é o programa da xornada.

Visita á Devesa da Rogueira

9:00 - 12 Visita e percorrido completo.

11:30 - 12 Visita e percorrido curto.

Xornada

12:30 – A industria forestal no contexto actual. Montserrat Rodríguez, XERA, Axencia da Industria Forestal.

12:40 - A visión dos propietarios e do Concello. Dolores Castro, Propietaria Forestal e Alcaldesa.

12:50 - Biodiversidade e produtividade forestal. Antonio Rigueiro, USC e Director da Estación Científica.

13:00 - Preservación do entorno natural. Oscar Rivas, Asociación Galega de Custodia do Territorio.

13:10 - Planeamento e xestión do entorno. Marcos Ferreira, Sistemas de Enxeñería Ambiental.

13:20 - Certificación forestal e diferenciación. Manuel Beiro, Asefor Ingeniería Forestal.

13:30 - Entrega do certificado de Servicios do Ecosistema. Genoveva Canals, presidenta FSC España.

Etiquetado
Ir a la portada