Axenda

Xornada sobre o oliveiral galego en Boborás

Campo Galego 24/04/2019 9:01 a.m.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (Apaag), organiza este xoves, 25 de abril, unha nova charla sobre o oliveiral galego. Nesta ocasión a sesión impartirase na Casa do Concello de Boborás (Ourense) a partir das 20.00 horas.

Esta actividade, que abordará aspectos xerais sobre os coidados da oliveira no noso entorno, enmárcase dentro das que ao longo do ano vén facendo a asociación. O obxectivo é formar a produtores e persoas interesadas no cultivo da oliveira e, sobre todo, concienciar da importancia que este sector está a tomar en Galicia.

En concreto, na sesión abordaranse temas como a plantación de oliveiras no rural, o aproveitamento da terra e a actividade económica que xera este sector. O encargado de impartila charla será José Antonio García, presidente da asociación. Tamén contarán coa participación dun técnico en seguros para abordar a importancia de asegurar as plantacións.

 

Etiquetado
Ir a la portada