Data inicio: 24/10/2019
Data fin: 24/10/2019
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España
A Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Lugo organiza o xoves 24 de outubro unha xornada formativa sobre aspectos básicos de manexo da Oficina Agraria Virtual (OAV).
A sesión celebrarase na aula de informática do edificio da Xunta en Lugo. Ten unha duración de 4 horas e impartirase en horario de 16:00 a 20:00 horas. Está destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a todas aquelas persoas con expectativas de incorporación a eles, en especial xente nova do rural galego.
Os interesados deberán presentar as solicitudes de inscrición na OAC de Lugo ou envialas ó enderezo electrónico xbruna(arroba)xunta.gal. As prazas son limitadas para que todos os participantes poidan dispor dun ordenador durante o transcurso da sesión.
– Descarga aquí o formulario de inscrición.