Agricultura

Xornada sobre o cultivo do té en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/01/2024 1:01 p.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) lanza un novo ciclo de xornadas en liña gratuítas que se centrarán en 12 oportunidades de negocio que se poden desenvolver no rural galego. As xornadas contarán con relatorios de persoas expertas en cada unha das diferentes áreas.

O 8 de febreiro será xornada inaugural, dedicada á produción do té galego e o horario será de 09:30 a 14:30 horas.

Contará con relatorios sobre a produción e comercialización do té, así como a súa historia, procedencia e tipos. Tamén se detallarán experiencias produtivas nas illas Azores (Portugal) e en Galicia, ademáis do Plan Estratéxico para comercialización do té de Areeiro. O programa completo da xornada pode conseguirse premendo “Descarga Doc1” .

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os obxectivos da iniciativa son explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras, en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscrición, son de especial interese para persoas socias das cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Para inscribirse é necesario completar este formulario. Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada