Axenda

Xornada sobre o cooperativismo nos montes veciñais

Campo Galego 17/06/2015 8:51 a.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) celebra este xoves unha xornada en Padrenda (Ourense) para abordar a potencialidade dos montes veciñais na xeración de emprego cooperativo. O acto está aberto a todas as persoas que poidan estar interesadas en emprender un negocio cooperativo e centrarase en abordar as posibilidades do cooperativismo nos montes veciñais, tanto no referente a producións forestais como doutro tipo.

Está prevista a participación do técnico de Agaca Tomás Gómez, que falará sobre a xestión cooperativizada dos montes veciñais, e dunha técnica de Aceites Abril, Manuela González, que exporá as posibilidades das plantacións de oliveiras nos montes de Ourense. Tamén está prevista a intervención de produtores cooperativistas.

Etiquetado
Ir a la portada