Leite

Xornada sobre o bo manexo das ganderías de leite en Monforte

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2021 8:14 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza a semana que vén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos unha xornada sobre a importancia dun bo manexo nas ganderías de leite. A xornada será o vindeiro martes 9 de novembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O obxectivo é demostrar que un bo manexo pode incidir positivamente na produción do leite. Así, abordarase que é un bo manexo e falarase de aloxamentos, de condicións ambientais ou das peculiaridades a ter en conta en función do estado produtivo das vacas. Tamén das características e manexo da recría ou do benestar animal, entre outras cuestións.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As persoas interesadas poden inscribirse cubrindo a solicitude que atoparán neste enlace e enviándoa ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 982 889 102.

O curso inclúese dentro do plan de formación da Consellería do Medio Rural para este ano 2021. A oferta formativa pode consultarse aquí.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada