Forestal

Xornada sobre o aproveitamento dos sobreirais no centro de formación de Lourizán

Campo Galego 17/06/2019 9:12 p.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) organiza o mércores 26 de xuño unha xornada adicada ó aproveitamento da cortiza nos sobreirais galegos. A actividade divídese nunha sesión de mañá adicada a charlas técnicas e nunha sesión de tarde que incluirá unha visita ó sobreiral de Meis, que contará con explicacións prácticas sobre descortezado e un taller de construción de trobos, o sistema tradicional para acoller as colmeas.

A xornada é gratuíta e está dirixida a profesionais do sector forestal, pero tamén pode asistir público interesado na materia. A inscrición pode facerse enviando unha solicitude ó correo electrónico cfea.lourizan (arroba) edu.xunta.es.

O programa da xornada é o seguinte:

9:30-11:30 h. - Charla técnica sobre a ecoloxía da sobreira. Distribución. Produtos. A
extracción. Maquinaria e ferramenta empregada no aproveitamento.
Joaquín Pedre-Profesor do CFEA de Lourizán.

12:00-14:00 h. - Charla técnica sobre calidades de corcho. Principais industrias corcheiras e lexislación na CCAA de Galicia
Alberto González-Profesor do CFEA de Lourizán.

15:00-19:00 h. - Visita ao sobreiral da comunidade de Meis. Práctica de descortezado e
taller de construcción de trobos.
Jesús Manuel Couto Mato e Marcial Barral.

Etiquetado
Ir a la portada